A consellería de educación licita por 850.000 euros a rehabilitación integral do Cpi Virxe da Saleta (Cea)

IES CHAMOSO LAMAS
  • O obxectivo é iniciar as obras durante o verán e compatibilizalas co curso escolar baixo as máximas medidas de seguridade

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación da obra de rehabilitación integral do CPI Virxe da Saleta, na localidade ourensá de Cea, por importe de 850.396,19 €.

Parte das actuacións van dirixidas á mellora da eficiencia enerxética do centro, para o que se substituirá a cuberta actual do edificio de Infantil por unha nova de panel sandwich con illamento intermedio de poliuretano e se revisarán as cubertas dos restantes edificios. Así mesmo acometerase o illamento das fachadas dos edificios de Infantil, Primaria e Secundaria polo exterior mediante sistema SATE, realizado con placas de illamento térmico de poliestireno expandido; e o illamento térmico sobre forxado baixocuberta con panel de lá de roca nestes mesmos edificios.

HIPER MASIDE

Coa mesma finalidade, nos tres edificios colocaranse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e luminarias LED con regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. Ademais illarase o teito do porche do edificio de Secundaria con la de roca. Os sistemas de calefaccións e de fontanaría tamén serán obxecto de mellora.

A maiores, instalaranse falsos teitos rexistrables nos tres edificios, substituiranse e repararanse as portas interiores nos de Infantil e Primaria e pintaranse todos os paramentos interiores e os radiadores.

A rehabilitación contempla, asemade, a reforma de aseo de planta baixa do edificio de Infantil, o pulido do terrazo no edificio de Primaria, a colocación dunha nova varanda no edificio de Secundaria, a renovación do pavimento do ximnasio no edificio de Primaria e a dotación de vestiarios e aseos no polideportivo.

O obxectivo é iniciar as obras no centro durante o verán e compatibilizalas a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.