Carballiño: Eleccións Locais 1991

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 26 de maio de 1991 teñen lugar as cuartas Eleccións Locais da Democracia. Gaña as eleccións a Converxencia Centrista encabezada por Argimiro Marnotes que foi Alcalde do carballiño durante os últimos 14 anos ( 2 na dictadura e 12 na democracia ). Faino por pouca diferencia xa que o Psoe queda a pouca distancia. O cabeza de lista polo Psoe é Pachi Vázquez que encabezara nas pasadas eleccións o CDS de Adolfo Suárez

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No terceiro lugar situase o PP ( é a primeira vez que concurre con estas siglas ) Encabeza a lista o catedrático e profesor do IES Nº 1 José Luis García Rodríguez

No cuarto lugar queda o BNG que acada 2 concelleiros : Chema Ferreiro ( que encabeza a lista ) é Roberto Fernández Viñal que xa fora concelleiro nas primeiras eleccións da democracia no ano 1979

Non acadou representación a lista do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega que encabezaba Pepe Carballido

A pesares de ser a lista máis votada quen foi Alcalde é o candidato do PP José Luis García Rodríguez. Eso debeuse os pactos que houbo a nivel provincial entre o PP e Centristas de Ourense o partido de Victorino Nuñez.

No reparto de alcaldias a nivel provincial a de Carballiño correspondeulle ao PP

Foi un mandato moi convulso con Plenos moi polemicos. O Alcalde José Luis presentou a súa dimisión aos dous anos sendo substituido por Juan Arturo Marquina Vázquez que foi cabeza de lista nas seguintes eleccións de 1995

A presencia de mulleres nas listas é sigue sendo escasa, aínda que aumenta un pouco con respecto as pasadas eleccións do ano 1987. Solo acadan acta de concelleiras 3 mulleres.

Neste PDF xunto ca información en datos destas eleccións ven un resumen de prensa que pode servir para darse conta da situación política que se daba. Tamén a documentación relativa aos programas dos partidos.

Carballiño: Historia das eleccións locais 1991 : candidaturas, programas, prensa