Hoxe comeza a Mostra Internacional de teatro de Ribadavia

Hoxe comeza a Mostra Internacional de teatro de Ribadavia coa entrega do premio de honra a Parta pazos, da compañía Voadora

O acto de inauguración da 36 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia terá lugar mañán venres ás 20:00 h na Igrexa da Madalena. Dentro do acto, ao que asistirán representantes de tódalas administracións, procederase á entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2020 concedido pola MIT Ribadavia ao mérito nas artes escénicas a Marta Pazos, da compañía Voadora.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende mañá e ata o 27 de xullo o teatro ao aire libre será o protagonista en Ribadavia onde as compañías galegas ocuparán o 70% da carteleira desta edición.

A carteleira deste ano concede unha especial atención á danza e á narración oral.

Entre as estreas destaca a presentación en Galicia do premiado espectáculo Rebota, rebota y en tu cara explota, de Agnés Mateus e Quim Tarrida.

Tamén vaise a estrear a montaxe de Teatro en Vilo “Hoy puede ser mi gran noche”, así como de Melancoholemia, coprodución da MIT con Antón Reixa.

Mañá, despois da inauguración e a entrega do premio haberá dúas representacións:

  • 21:00 – Alameda (Ruadavia) – Emigrantas – cia. Kirenia Martínez Acosta – Galicia.
  • 23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Dreaming Juliet – Elefante elegante – Galicia