Nota de Podemos sobre o parque infantil da Alameda

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño vemos con total asombro como o grupo de goberno local socialista, con Paco Fumega ao mando, segue sin tomar ningunha medida con respecto á reapertura do Parque Infantil da Alameda.

Dende o 14 de marzo tiveron tempo de preparar dito parque infantil, conxuntamente con outros parques infantís do Carballiño, para poder tomar medidas e protocolos para a súa reapertura. Non se fixo. Pero este despropósito e desleixo non remata aquí. No seu momento dende este Círculo se advertiu que as instalacións e o propio Parque infantil non contaba coas medidas de seguridade pertinentes, e o puxemos de manifesto ao grupo de goberno socialista no mes de novembro do ano pasado.

AVANTAR ACTIVIDADES

ESCRITO VALEDORA DO POBO

Vista a inoperancia, incapacidade e continuas improvisacións con este proxecto, ao igual que con outros moitos, nos vimos na necesidade de poñer en coñecemento da Valedora do Pobo as deficiencias en materia de seguridade, deixando constancia de esta situación o 20 de xaneiro de este ano. Debido a que os parques infantís son lugares destinados ao desfrute de nenos e nenas, é esencia que os fabricantes de os distintos aparatos de xogos cumpran unhas estritas medidas e respecten as normativas de seguridade de ditos parques.

O obxectivo é garantir que dito lugar de xogo cumpra con tódolos requisitos para non poñer en perigo a integridade física dos nenos e nenas. Pese a que no reino de España non existe un Real Decreto nin ningunha normativa vixente, en Galicia si temos un decreto propio para controlar a instalación e medidas de seguridade de estes parques basadas nas normativas UNE-EN 1176 e UNE-EN 1177. Este é o Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, e o mesmo ben recollido no DOG 89, venres 9 de maio de 2003.

Hoxe, a Valedora do Pobo nos comunica que despois de pedirlle información por terceira vez ao Concello sobre esta situación en relación a queixa presentada, o Concello de O Carballiño persiste na súa actitude de non informar.

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño solicitamos ao Concello de O Carballiño que:

1. Solvente de unha vez as carencias en medidas de seguridade do Parque da Alameda;

2. Reabra este parque e o resto de parques infantís no Carballiño tomando as medidas e os protocolos sanitarios precisos;

3. Remita a información que lle solicita a Valedora do Pobo. É incomprensible que non se pense nos máximos damnificados e olvidados de esta situación, as nenas e nenos do Carballiño, e o máis lamentable, que non se tomen medidas ao respecto.

De seguir mantendo esta postura o grupo de goberno socialista local, nos veremos na obriga de remitir o proxecto de esta obra ao Tribunal de Contas, dada a opacidade que mantén con este tema