Nota de Prensa do PP de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Manuel Baltar felicita a Ramón Barreal e á veciñanza de Laza “por contar desde hoxe cun gran alcalde e un goberno serio”

  • O presidente provincial do PP de Ourense afirmou que se abre unha nova etapa “que terá á fronte do concello a unha persoa con experiencia máis que suficiente para ofrecer a Laza o que lle faltou no último ano: un rexedor, un goberno e xestión”

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, felicitou esta tarde a Ramón Barreal tralo seu nomeamento como novo alcalde de Laza, felicitación que fixo extensiva a toda a veciñanza “por contar desde hoxe cun gran alcalde e cun goberno serio”. Unha nova etapa, dixo Baltar, “que terá á fronte do concello a unha persoa con experiencia máis que suficiente para ofrecer a Laza o que lle faltou no último ano: un rexedor, un goberno e xestión”.

Ramón Barreal, destacou o presidente dos populares ourensáns, foi o gañador das pasadas eleccións municipais, nas que obtivo catro concelleiros con máis do 43 % de apoio, “pero se atopou cunha alianza entre dúas formacións –PSOE e Xuntos por Laza- que nomearon a un alcalde que nunca quixo exercer como tal e que fixeron un goberno que nunca xestionou”.

Agora, engadiu Baltar, o novo alcalde popular accede á presidencia da corporación local con máis ilusión e forza e cun aval máis, como é o apoio maioritario –casi o 50 %- dos veciños e veciñas de Laza nas recentes eleccións galegas, que suporían no caso de se tratar de comicios locais unha maioría absolutísima”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Laza non podía perder máis tempo”, dixo Manuel Baltar, que cualificou a situación de desgoberno do concello “como un exemplo máis da descomposición que vive o PSOE na provincia, máis grave se cabe tralo anuncio da renuncia doutro concelleiro socialista de Laza”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------