A librería Carlín regalará mañá 70 libros ós rapaces da comarca

Mañá sábado, día 1, a librería Carlín do Carballiño regalará 70 libros por valor de 15 euros cada un dos primeiros 70 rapaces con edades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que acudan á tenda. O único requisito indispensable e que todos eles pertenzan á algún dos concellos da comarca. Para poder acreditar estas dúas cousas recomendase acudir co dni dos rapaces ou co libro de familia.

A finalidade desta iniciativa solidaria, desinteresada e sen ánimo de lucro, segundo aseguran os seus propietarios, é dobre. Por un lado pretenden incentivar a lectura entre os pequenos e, por outro, aportar o seu gran de area nesta época complicada, na que moitas familias non poden permitirse comprar un libro de lectura ós seus fillos porque sae do estrictamente necesario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os seus donos decidiron levar a cabo esta acción de promoción con motivo do seu terceiro aniversario dende que abriron a librería e ademáis motivados por outras iniciativas moi similares que se levaron a cabo na provincia.