Nota de Prensa da CEO

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As empresas ourensás prepáranse para abordar novos mercados

 Unha nova sesión do taller de diagnóstico exportador orientou a case unha vintena de firmas para iniciar ou consolidar os seus mercados exteriores

 Exportou, o programa conxunto para a internacionalización da CEO e a Deputación, posibilitou a celebración desta actividade

 Facilitar a toma de decisións sobre ampliación ou localización de novos mercados foi un dos principais obxectivos do taller

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta nova edición, case unha vintena de firmas déronse cita telemáticamente co experto en mercados exteriores Jesús Albizu para coñecer todo o relativo ao seu potencial na procura e consolidación de mercados exteriores.

Cosmético, agroalimentario ou téxtil, foron algúns dos sectores que acudiron a esta cita coa intención de coñecer o seu potencial na actividade exportadora, e ter as ferramentas necesarias para dar este salto ou mellorar substancialmente as súas posibilidades neste campo.

O Plan para a Internacionalización das empresas de Ourense, Exportou, posto en marcha pola Confederación Empresarial co apoio da Deputación ourensá, celebrou un novo taller no que ofreceu o apoio necesario ás empresas participantes sobre os camiños máis aconsellables para exportar, o tipo de mercados obxectivos que máis conveñen e a forma de actuación dentro do mercado elixido. Para completar a estratexia, e tamén da man de Albizu, estas empresas recibirán nas próximas semanas recomendacións para iniciar o proceso de internacionalización.

Exportou, un aliado para a exportación

Desde a súa posta en marcha en 2017, Exportou puxo ao dispor das empresas ourensás un completo programa de servizos de apoio e actividades dirixidos a impulsar a presenza internacional e a mellora da competitividade do tecido empresarial da provincia, contribuíndo desta forma para estimular a economía ourensá e a xeración de emprego.

Ademais das sesións como o taller celebrado hoxe, Exportou realizou formación para capacitar a profesionais na tarefa de iniciar un proceso exportador, co Servizo de Primeira Exportación. Doutra banda, o programa SIRE -tamén no marco de Exportou- serviu para que as empresas ourensás coñezan os diversos elementos e etapas que van implícitos en calquera operativa exterior de maneira sinxela, próxima, apoiada e sen riscos.

Exportou desenvolve tamén outras maneiras de fomentar esta vocación exportadora e promocionar os produtos ourensáns, como a plataforma dixital que leva a súa mesmo nome, que recibiu 102.115 visitas e conta con 47.073 usuarios. Cabe destacar a elevada porcentaxe de interesados que accederon a este escaparate online desde Estados Unidos, Brasil, Francia, México, Portugal, Perú, Canadá e Reino Unido. Neste portal para a internacionalización ten unha especial acollida a sección ‘ made in Ourense’, que inclúe un catálogo de produtos con 59 referencias e un directorio de 32 empresas en español, inglés e francés.

Outras accións amparadas neste programa son campañas de márketing dixital, o Boletín periódico de noticias sobre comercio internacional que reciben case un milleiro de subscritores e contén información sobre axudas, mercados, actualidade, consellos, actividades e axenda de eventos do ámbito da internacionalización.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------