Nace a plataforma “Berán no Camiño” para potenciar o Camiño Miñoto Ribeiro

Transurso do Camiño Miñoto Ribeiro.

Este sábado constituiuse  a plataforma “Berán no Camiño”, que ten coma obxectivo a defensa do itinerario que a asociaicion Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro presentou no 2017 e que une as localidades lusa de Braga e Santiago de Compostela e que ten coma un dos puntos de partida e referencia o percorrido pola localidade de Berán .

Esta plataforma está aberta a todo tipo de  colectivos e veciños a titulo de particular, e ten coma un dos seus obxectivos a defensa e divulgacion do Camiño Miñoto Ribeiro ó seu paso dende Beade a Berán polo camiño real a Lebosende. Neste senso, estanse a deseñar diversas iniciativas coma unha recollida de sinatiuras, a organización de andainas e dende o colectivo a todas as asociacions e grupos de peregrinos a partir cara a Compostela dende Berán como xesto de apoio ó feito de  estar certificado polo arzobispado da catedral compostelana. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre outros eventos ademáis estase a artellar unha campaña de difusion  nas redes sosicias e xa estan a venda camisetas alusivas  á presencia de Berán neste iitinerario de peregrinacion.

Dende  a plataforma esgrimen entre outros motivos que o recoñecemento eclesiastico o 28 de marzo do 2019 a este trazado e xa unha realidade e un aval de suma importancia para conquerir  a oficializacion  deste trazado

Co propósito de por en valor e consolidar o paso dos peregrinos, están a promover mediante unha comisión  permanente un evento anual chamado “O camiño en nos”, que impulsará o encontro de caracter internacional dos peregrinos no camiño da Geira Miñoto Ribeiro / Geira-Arrieiro. Este evento consistirá nun programa cultural  e fundamentando o seu caracter como un proxecto transfronteirizo con Portugal, ademáis de por en relieve a situación privilexiada da localidade de Berán como punto de partida a 100km recoñecidos coa Compostela.