O Concello de Castrelo anuncia o cobro do IBI do 14 de agosto ata o 13 de outubro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha vez aprobada a lista cobratoria do imposto de bens inmobles de natureza rústica, urbana e características especiais do exercicio 2020, ponse en coñecemento dos contribuíntes que dende o día 14 de agosto de 2020 ata o vindeiro 13 de outubro 2020 terá lugar a cobranza en período voluntario. A partir da publicación do presente anuncio, ábrese un prazo de información no cal a lista correspondente a este tributo estará a disposición dos interesados na oficina do concello durante o prazo dun mes. Forma de pagamento: todos os recibos que non estean domiciliados en contas bancarias seranlles enviados por correo aos domicilios dos contribuíntes. No caso de non recibilos nas datas sinaladas, deberán dirixirse a Catoure, SL, na praza Maior, nº 5 de Ribadavia.