Nota Informativa do Psdeg-Psoe de Ourense sobre o retraso na apertura da piscina das Burgas

IES CHAMOSO LAMAS

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA O “VERGOÑENTO RETRASO”  NA APERTURA DA PISCINA DAS BURGAS E A ZONA TERMAL AO NON ESIXÍRLLE Á XUNTA A “APROBACIÓN INMEDIATA” DUN PROTOCOLO SANITARIO

Un exemplo máis dun goberno que non “defende os intereses públicos dos veciños e veciñas de Ourense, sen rumbo e cun modelo en política termal que vai cara ao abismo”, conclúen os socialistas.

Os socialistas destacan que o goberno municipal “mantén unha actitude cínica” a través da súa concelleira de termalismo, Flora Moure, quen “esixía ao Goberno central solucións”, mentres agora “adopta unha actitude servil” ante  a Xunta

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia o vergoñento retraso por parte do Concello de Ourense da apertura tanto da piscina termal situada nas Burgas coma das zonas termais públicas de Outariz e o Muiño da Veiga e a claudicación dos intereses de Ourense ao non esixírselle á Xunta de Galicia o desbloqueo inmediato do peche destas instalación co detrimento que supón para o turismo da cidade ao manterse pechadas durante os meses de verán coas pérdidas tanto económicas coma de imaxe e reputación para Ourense que iso conleva.

Os socialistas demanda a inmobilidade por parte da Xunta e o Concello para desbloquear a apertura, dado que levan máis de dous meses esperando a que o órgano autonómico asine e aprobe o protocolo sanitario que posibilite a súa apertura.

Dende o grupo municipal socialista destacan que o goberno municipal de PP e Democracia Orensana “mantén unha actitude cínica” a través da súa concelleira de termalismo, Flora Moure, quen “esixía ao Goberno central solucións en pleno estado de alarma”, mentres agora adícase a “adoptar unha actitude servil” coa “lentitude e xestión desastrosa” da Dirección Xeral de Minas e das autoridades sanitarias pertencentes á Xunta de Galicia. Para os socialistas, contrasta e sorprende a “rapidez coa que se abriron os centros privados de Outariz e do resto da provincia” e o “bloqueo ao que se somete ao resto de infraestruturas termais de Ourense”. Un exemplo máis dun goberno que non “defende os intereses públicos dos veciños e veciñas de Ourense, sen rumbo e cun modelo en política termal que vai cara ao abismo”, conclúen.

SPORTUR GALICIA 2022

Os concelleiros socialistas denuncian que, durante os meses de “estado de alarma” xerado pola crise sanitaria da COVID-19 e os conseguintes de “nova normalidad”, a concelleira Flora Moure trasladou aos grupos da oposición, a través das Xunta de Área de Turismo, Termalismo e Participación Cidadá, que estaban pendentes do apertura da Piscina Termal da Burga, debido á recuperación do seu sistema de cloración, o cal permitiría que a Xunta de Galicia dira autorización para a súa apertura este verán. O certo é que a mediados de agosto segue pechada e sen noticias de que se produza a súa apertura durante o mes de agosto.

A esta situación débese engadir o “estado lamentable” dende fai meses no que se atopa todo o conxunto termal, froito dunha “nula planificación”,  repercutindo negativamente na imaxe desastrosa da nosa cidade cara os  turista que visitan a terceira cidade de Galicia durante o periodo estival.