O goberno local está a rirse da veciñanza

IES CHAMOSO LAMAS

A formación nacionalista denuncia a situación de parálise e decadencia na que se atopa a cidade, mentras que os partidos que conforman o goberno local (PP-DO) só se preocupa dos seus intereses partidistas

Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense a situación na que se atopa a cidade é insostible.

HIPER MASIDE

AUDIO LUIS SEARA

Mentres asistimos como convidados de pedra a este “xogo de tronos”, entre PP e DO, coa participación de Cs, Ourense segue sumida na parálise e na decadencia.

Remata agosto e as autónomas e autónomos da cidade non saben cando cobrarán as tan cacarexadas axudas por parte do concello.

Remata agosto e as entidades do terceiro sector, as prestadoras de servizos sociais, non saben se poderán seguir desenvolvendo as súas actividades e prestando uns servizos esenciais, máxime nestes tempos de crise nos que estamos.

Remata agosto e as principais concesións da cidade seguen en precario e o que é peor, envoltas na sospeita tralas acusacións do alcalde aos seus propios compañeiros de goberno de que algunhas delas están “infladas” económicamente.

Remata agosto e nada sabemos do PXOM máis alá das disputas internas entre os socios de goberno por ver quén satisfai finalmente e do mellor xeito aos seus especuladores.

Remata agosto e Ourense segue sumida na parálise, na decadencia e na irrelevancia máis alá de polas disputas intestinas dos actuais socios de goberno, PP-DO, cun alcalde convertido en chivo expiatorio de toda a situación. Máis que ninguén esquenza que está ahí grazas ao Partido Popular, con Manuel Baltar manexando os fíos desde a súa atalaia.