Comezan as estadías de fin de semana para mulleres soas con fillos ó cargo

Closeup shot of two unrecognizable people holding hands in comfort

Hoxe, 31 de agosto, comezan as estadías de tempo libre que financia a Xunta para facilitar un tempo de lecer ás mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, entre as que terán preferencia as vítimas de violencia de xénero. En total, beneficiaranse más de 70 persoas, entre mulleres e os seus fillos e fillas.

As estadías, que se prolongarán ata o próximo 6 de setembro, desenvolveranse en concellos das catro provincias galegas. Son totalmente gratuítas para as beneficiarias, xa que están cubertos todos os custos de aloxamento, en réxime de pensión completa; o traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia; e o equipo de monitoras/es e actividades complementarias.

AVANTAR ACTIVIDADES

De feito, as estadías non ofrecen só a oportunidade de coñecer lugares distintos, senón que tamén inclúen actividades como excursións e a organización de actividades lúdicas das que se encargarán monitores especializados.

Cómpre ter en conta que, debido á crise sanitaria provocada pola covid-19, este ano tomáronse precaucións adicionais. Así, os grupos serán limitados e as actividades lúdicas serán en espazos suficientemente amplos para cumprir todas as garantías de seguridade. Os medios de transporte estarán limpos e desinfectados e os monitores deberán ter coñecementos para adaptar as actividades ás medidas sanitarias.

Os requisitos principais para poder acceder a estas axudas é ter fillas ou fillos ou menores en acollida entre os 2 e os 12 anos; non convivir coa parella afectiva; e non superar o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente nos seis meses anteriores á presentación da solicitude.