Hoxe abren o prazo de inscripción o Conservatorio e a Escola de Música de Ribadavia

IES CHAMOSO LAMAS

O Conservatorio profesional e a Escola de Música Municipal de Ribabavia informan da apertura do prazo de matrícula extraordinaria de setembro para o vindeiro curso académico. Este prazo comeza hoxe e remata o 11 de setembro e poderá facerse a inscrición en horario de 10:30 a 13h.

Os alumnos de novo ingreso poden informarse chamando ó teléfono 618.745.794, ou ben o 988.471.900, ou dirixirse á Secretaría do centro situada no segundo andar da Casa da Cultura de Ribadavia.

HIPER MASIDE

Así mesmo, para todos os interesados, informan de que terán a opción de poder realizar a matrícula de forma presencial nas oficinas do conservatorio, ou ben, se o prefiren, levarse a cabo de forma non presencial chamando por teléfono e o centro explicará a cada un deles sobre o procedemento de matriculación non presencial.

Lembramos que nestes centros imparten as especialidades instrumentais de piano e guitarra.