O concello de Boborás oferta dous obradoiros: decoupage e cestería

O Concello de Boborás, grazas a financiación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha unha serie de obradoiros para este mes de setembro. Así o primeiro deles é o Decoupage, unha técnica artística que consiste en decorar todo tipo de enseres con papeles decorados ou impresos.
Será os venres, 4, 11, 18 e 25 de setembro de 19.00 a 21.00 h no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás.

Hai prazas limitadas. Poden anotarse no teléfono 988402008 ou nas oficinas municipais e a actividade totalmente gratuita. O material de traballo será suministrado polo propio curso.

AVANTAR ACTIVIDADES

O segundo deles é o de Cestería. As persoas participantes deberán traer roupa corriente que se poida manchar, un pano vello que non solte pelo, así como para a primeira sesión un envase de cristal de conserva con tapa ou unha botella (sen papeis, nin pegamentos), unha caixa de cartón e un bote para poder colocar os pinceis.

Será os dias 8, 15, 17, 22, 24 e 29 de setembro no Local Social de Almuzara, en horario de 18.00 a 21.00 h. Hai prazas limitadas. Poden anotarse no teléfono 988402008 ou nas oficinas municipais. A actividade totalmente gratuita. O material de traballo será suministrado polo propio curso.