O concello de Ribadavia dará entre 100 e 75 euros de axuda para a compra de material escolar

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe a probación das bases para a concesión destas axudas. O prazo de presentación será dende o 14 de setembro ata o 9 de outubro e deberán entregarse do departamento de Servizos Sociais do concello. Os requisitos para solicitas as axudan son que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.272€, estar empadroado/a no Concello de Ribadavia, ser alumno/a de Educación Infantil en calquera dos centros educativos de Ribadavia e aportar a factura de compra do material con firma e selo de pagado. As cuatías son de 100 euros para familias con ingresos de pouco máis de 1.000 euros e de 75 euros para as que superan os 2.000 euros por unidade familiar. As bases completas poden consultarse na páxina web do concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------