Destilerías Paniagua e Schweppes promoven unha campaña promocional e de dinamización en colaboración coa hostalería de Carballiño

Co dobre obxectivo de apoiar á hostalería do Carballiño neste difícil tempo de pandemia, e
potenciar paralelamente a industria local, Destilerías Paniagua pon en marcha unha campaña en colaboración coa multinacional Schweppes. A acción terá como produto promocional o combinado da xenebra The Tinkle Apple, elaborada pola destilería carballinesa, coa tónica premium Toque de Lima creada por Schweppes.

A campaña, que empeza o 12 de setembro, levará a cabo durante o próximos quince días nos locais hostaleiros do Carballiño que colaboran coa iniciativa. Unha das súas principais referencias será a localización de mesas e cadeiras de cor amarela, identificativo da multinacional Schweppes, nas terrazas dalgúns dos establecementos participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

A dinamización da hostalería que buscan Destilerías Paniagua Schweppes potenciarase coa produción dun vídeo- anuncio de promoción, no que se resaltará a importancia do Carballiño como vila turística e a orixinalidade do novo combinado entre a tónica Schweppes e a xenebra The Tinkle Apple de Paniagua.