As empresas en ERTE pola Covid-19 xa poden solicitar a prórroga

IES CHAMOSO LAMAS

A normativa recolle a posibilidade de que os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción vinculadas á covid-19 e que estivesen vixentes na data de entrada en vigor deste Real decreto lei se poidan ver prorrogados. Poden ampliarse na aplicación das súas medidas suspensivas e/ou de redución de xornada, máis alá da data de remate establecida na comunicación final á autoridade laboral, que inicialmente fixesen as empresas.  sempre e cando o expediente, con tal prórroga, finalice durante a vixencia do decreto lei, e se chegue a un acordo entre a parte empresarial e a traballadora.

A comunicación da prórroga deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A documentación complementaria deberá presentarse tamén por vía telemática, así como todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento.

HIPER MASIDE