O concello de Avión busca un xuíz de paz sustituto

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Avión inicia o procedemento para a elección de xuíz de paz substituto. O prazo de presentación de solicitudes son 15 días hábiles dende a data de publicación deste anuncio. Poderán participar na convocatoria todas as persoas que reúnan os seguintes requisitos: ser español, maior de idade e non estar incurso en causas de incapacidade. Os solicitantes deberán presentar a instancia pertinente no rexistro xeral do Concello de Avión, debendo achegar a certificación de nacemento ou fotocopia do DNI, certificación de antecedentes penais. declaración complementaria a “se se atopa inculpado ou procesado” e xustificante de méritos que poida alegar.