O PSOE pide a reposición da traballadora social do centro de saúde de Ribadavia

O PSdeG-PSOE  de Ribadavia require ao concello a cobertura urxente do posto de traballador/a social no centro de saúde da vila o cal está sen cubrir dende que se xubilou a anterior  traballadora  social  no  mes  de  agosto.  

Os  socialistas  xa  veñen advertindo de que esta situación se sucedería dende o pasado mes de xullo cando aseguraban que nin a Xunta nin o goberno dos populares con César Fernández á cabeza cubrirá a vacante e consideran “inadmisible que non se adiantasen aos feitos cando nos atopamos nunha situación grave de risco sanitario onde os servizos sociais son máis indispensables que nunca”, denuncian.

AVANTAR ACTIVIDADES

A través da plataforma Change.org crearon unha páxina para recolectar firmas en favor da súa petición, asegurando que é precisa e moi necesaria para o municipio. Pódese acceder a esta recaudación de firmas no seguinte enlace:

https://www.change.org/p/csif-sanidade-sin-cubrir-a-praza-da-traballadora-social-centro-sa%C3%BAde-ribadavia-aumento-casos-covid?recruiter=false&utm_source=share_petition&utm_campaign=psf_combo_share_initial&utm_medium=whatsapp&recruited_by_id=3e0fc020-0d4b-11eb-80db-edf6bae28b32&utm_content=washarecopy_25237620_es-ES%3A4&fbclid=IwAR3Qu68wgJpsfoC4nc6Apf-ARyjXG70A47AzkAegXqgACOlFD0qth-tkFFs