I Asemblea da Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe, por vía telemática, na I Asemblea da Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincial (FEMP), da que Baltar é membro da xunta de goberno. O propósito desta iniciativa é impulsar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS) nos municipios e deputacións que integran a rede, un total de 167 entidades locais con máis de 16 millóns de habitantes en toda España. Baltar, firme defensor das políticas de protección do medio natural, destaca ao medio ambiente como “punta de lanza para o progreso na era poscovid”, e define como “fundamental” o valor das “boas prácticas sostibles”, “un traballo que hai que desenvolver tendo en conta a protección do territorio, o emprego e a rendibilidade”. Neste sentido, pon como exemplo o labor do goberno provincial ourensán no impulso da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial e o termalismo, “dous aspectos que definen o valor do singular en materia ambiental”, explica. A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade, e expón 17 obxectivos que abarcan os ámbitos económicos, social e ambiental en todo o mundo.Nesta liña, a FEMP está a liderar accións con maior implantación e representación das entidades locais, poñendo en marcha mecanismos de gobernanza para promover a coordinación, o intercambio de coñecemento, boas prácticas e o traballo conxunto en relación coa Axenda 2030, “a cal, o actual escenario de crise do COVID-19, terá moito que achegar na reconstrución social e na dinamización económica, “tendo en conta como aspecto fundamental o medioambiente e a sustentabilidade”, defende Manuel Baltar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO