Verea disporá o remanente e solo para levantar un centro de maiores

·         O alcalde, o nacionalista Pérez Valado, pediu nunha reunión co Delegado Territorial que solicitase da Xunta de Galiza apoio para esta iniciativa.

José Antonio Pérez Valado, o alcalde nacionalista de Verea, informou á Xunta de Galiza da intención do goberno municipal de Verea de dotar o concello dunha residencia de maiores, actuación para a que dispón do remanente, pendente de que o Goberno central indique as condicións para investir estes fondos, así como o solo necesario. Pérez Valado reuniuse esta semana en Ourense co Delegado Territorial da Xunta na provincia, Gabriel Alén, de quen solicitou apoio do goberno autonómico para levar adiante esta actuación.

Souto de Ourille

Publicidade Premer na Imaxe

O alcalde informou o Delegado de que a coalición BNG-PSOE, no goberno municipal, habilitou un miradoiro e acometeu a creación dunha senda que transita xunto a un souto no lugar de San Vicente, na parroquia de Ourille. Pérez Valado reclamou apoio da Xunta para recuperar e conservar as ducias de cañotas que conforman o souto, e advertiu que urxe intervir: “O mesmo dentro de cinco anos chegamos tarde. Trátase dun patrimonio paisaxístico e natural que non podemos deixar esmorecer”. Valado lembra que as institucións deben atopar a fórmula para superar os atrancos á intervención derivados das dificultades para coñecer a propiedade dalgunhas das castiñeiras.  

Manter os catro contratos Aprol Rural

Pérez Valado tamén transmitiu ao Delegado a intención da coalición no goberno de Verea de manter, na próxima convocatoria, os catro contratos Aprol Rural que a Consellería de Economía e Emprego outorgou ao municipio. Estes contratos, de nove meses a tempo completo para realizar labores de silvicultura e limpeza de montes e prevención entre outras cuestións, que permiten que o concello conserve limpas as franxas de todos os núcleos de poboación, circunstancia que salientou o propio Delegado poñendo a Verea como exemplo de xestión. A Xunta financia todos os custes salariais resultando unha media de 13.795 por traballador. Na anterior convocatoria, Celanova dispuxo dun contrato e Quintela, de dous