Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O IGE publica a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2019

Publicidade

Os nomes máis empregados para as nenas seguen sendo, ao igual que en 2018, Sofía e Noa, mentres que Lara e Lucía pasan a colocarse nos primeiros postos

En canto aos masculinos, destacan Mateo, Lucas, Martín, Hugo e Leo

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou esta semana a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2019, que reflicte que Sofía e Mateo seguen sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis frecuentes son Sofía, Noa, Martina, Lara e Lucía. Se se compara co 2018, os dous primeiros continúan na mesma posición mentres que Martina sube un posto, ata o número tres, e Lara e Lucía pasan a estar entre os cinco máis empregados. Se se establece unha comparativa con hai unha década, no 2009, Lucía e Noa seguen estando entre os cinco primeiros.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Mateo, Lucas, Martín, Hugo e Leo. A mesma comparativa co 2018 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa única diferencia de que Lucas e Martín intercambian o segundo e o terceiro posto. Pola contra, se se establece unha comparativa cunha década antes, só se manteñen Hugo e Mateo.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como, entre 2018 e 2019, no caso dos nenos, todos os nomes coinciden agás Nicolás, que no 2019 é substituído por Álex. En canto ás nenas, no 2019 soben á lista Olivia, Vega e Sabela e desaparecen María, Antía e Mía. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Noa, Uxía ou Sabela) como para os nenos (Brais, Antón ou Iago).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.

Nomes máis frecuentes en 2018 e 2019

NENOS NENAS

20192018 20192018
1MateoMateo1SofíaSofía
2LucasMartín2NoaNoa
3MartinLucas3MartinaDaniela
4HugoHugo4LaraMartina
5LeoLeo5LucíaSara
6GaelDaniel6SaraValeria
7EnzoManuel7ValeriaAlba
8ManuelPablo8AlbaEnma
9DanielGael9DanielaLara
10PabloEnzo10ValentinaLucía
11MarcoMarco11LíaMaría
12IzanBrais12VeraCarla
13BraisIzan13CarlaJulia
14AdriánAdrián14OliviaAntía
15RoiAntón15VegaUxía
16AntónNicolás16CarmenCarmen
17AlejandroAlejandro17EmmaVera
18IagoAnxo18JuliaValentina
19ÁlexIago19UxíaLía
20AnxoRoi20SabelaMía