O grupo socialista urxe á Xunta a recuperar a coordinación con Portugal na prevención e loita contra incendios

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Carmen Rodríguez Dacosta acusa ao goberno galego de ter “abandonado á súa sorte” ao Parque do Xurés, deixando que arda a metade da superficie protexida dende que goberna Feijóo

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Agricultura para reclamarlle á Xunta que recupere a coordinación dos traballos de prevención e loita contra os incendios que cada ano asolagan o Parque do Xurés. Acusou ao goberno galego de ter “abandonado á súa sorte” ao Parque, como evidencia que dende que goberna Feijóo ten ardido a metade da súa superficie.

Dacosta advertiu que “a día de hoxe non nos consta que exista a coordinación necesaria con Portugal, así como o estudo das causas duns incendios que veñen sendo recorrentes e catastróficos”. Instou ao goberno galego a recuperar a boa sintonía e colaboración co goberno portugués que si que tiña en marcha o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, e que foi abandonada dende que Feijóo asumiu a presidencia da Xunta.

A responsable socialista sinalou o estudo do profesor de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo Juan Picos, coordinador do informe sobre a cooperación transfronteiriza do Eixo Atlántico, que urxe a impulsar a cooperación co Norte de Portugal en prevención, vixilancia e mesmo na extinción de incendios como unha das mellores oportunidades para mellorar a situación nun parque que se estende ás dúas beiras da fronteira con Portugal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este novo enfoque permitiría unha maior eficiencia, optimizando recursos conxuntos na fase de extinción, coordinando os medios dispoñibles, colaborando entre as distintas axencias e administracións ou coa análise compartida da produtividade e rendibilidade das actuacións.

Sinala que actualmente “a protección fronte aos incendios nunha zona tan rica en patrimonio natural é inexistente” por parte dun goberno que en lugar de rectificar a súa fracasada política de prevención de incendios optaron pola “política de deixar facer” no parque natural. Lamentou que perderan a oportunidade de aplicar as medidas propostas pola Comisión de Estudo dos Incendios Forestais, pasando á acción contra os incendios.

A parlamentaria ourensá reivindicou unha política preventiva “intervencionista” adaptando a ordenación do territorio, profesionalizando a silvicultura, ou impulsando a creación de montes ordenados e produtivos.

pregunta

Carmen Rodríguez Dacosta, Martín Seco García, Marina Ortega Otero e Juan Carlos Francisco Rivera, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

O parque Natural Serra do Xurés  pertence  a Reserva da Biosfera Transfronteriza Geres-Xurés declarada no ano  2009 cunha superficie total 330.874 hectáreas. Sitúase o  sudoeste da provincia  de Ourense, entre España- Portugal. En Portugal sitúanse  267.958 ha y en Galicia 62.916 hectáreas.

En Galicia comprende os concellos de Entrimo, Calvos de Randín, Bande, Lobeira, Lobios Muíños.

E comprende títulos tan relevantes como son os seguintes: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) “Baixa Limia – Serra do  Xurés”, de 31.287 ha; zona Especial de Conservación (ZEC) “Baixa Limia”, de 33.920 ha; Parque Natural “Baixa Limia – Serra do Xurés” de 29.345 ha; zonas de Especial Protección dos Valores  Naturais (ZEPVN) “Baixa Limia-Serra  do Xurés” de

31.287 ha e “Baixa Limia” de 33.920 ha.; Parque Nacional da Peneda Gerês (Portugal);  SIC  Serras  da  Peneda  e  Gerês;  Reserva  Bioxenética  Matas  de Palheiros  Albergaria; Re de Reservas  Bioxenéticas do Consello de Europa.

Este  espazo  natural  conta  cunha  rede  hidrográfica  densa,  ecosistemas  en  bo estado de especies de fauna e flora de excepcional interese para a conservación da natureza e a biodiversidade.  E con  un importante patrimonio natural e cultural.

A  pesares de todo isto, a protección fronte os incendios dunha zona tan rica en patrimonio natural é inexistente ademais de que non nos consta que exista unha coordinación  entre  a  Xunta  de  Galicia  e  a  Administración  do  país  veciño, Portugal, na especial protección e desenrolo desta zona, así como no estudo das causas dos incendios que veñen tendo lugar dende  o ano  2016.

No ano 2016, 3.000 hectáreas foron arrasadas polo incendio ocorrido no parque natural no concello de Entrimo.

Este mesmo fin de semana de setembro o Parque Natural, no concello de Lobios, está a sufrir de novo o drama do lume, e no mes de agosto do presente ano, concretamente o dia 8 , un hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio forestal rexistrado en Lobios,   sufriu un accidente cun resultado dun piloto morto e outro piloto ferido.

En relación con esta situación de incendios continuados no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés dende o ano 2016, as deputadas e os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1.  Cantos  incendios forestais se produciron no Parque Natural Baixa Limia- Serra Xurés dende o un de xaneiro de 2016 ata a actualidade?

2. Que superficie se viu afectada polos incendios producidos entre o un de xaneiro de 2016 ata a actualidade no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés? (Con distinción de zona rasa e arborada)

3. Cal é a valoración económica dos danos producidos polos incendios acontecidos entre o un de xaneiro de 2016 ata a actualidade no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés?

4.  Cales foron as causas que provocaron os incendios acontecidos entre o un de xaneiro de 2016 ata a actualidade no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés ?

5.  Cantos grandes  incendios de máis de 500 hectáreas se produciron entre o un de xaneiro de 2016 ata a actualidade no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés? Especificando concellos e áreas afectados.

6.  E certo que algunha  Comunidade  de Montes presentou dende o ano 2016 ata a actualidade plans de defensa contra incendios e a dia de hoxe a Consellería de Medio Rural non lle deu contestación?

7. Que coordinación se desenvolve entre a Consellería de Medio Rural e a Administración portuguesa competente en   materia de incendios e de desenvolvemento da reserva da biosfera Xurés-Gerés, con indicación de reunións, seminarios ou mesas de traballo que foran convocadas dende o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade?

8.  Que medios se empregaron  en prevención de incendios dende o ano 2016 a  la  actualidade  no  Parque  Natural    Baixa    Limia-Serra  Xurés  con indicación da cuantificación económica?

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------