Aseguran que xa o fixeron outros concellos, coma Carballo, Ordes ou Sada, e consiste en embelecer as estruturas e edificios de cemento en estado de abandono con debuxos de arte urbana.

Entenden que os e as habitantes de Leiro teñen o dereito a vivir en espazos agradábeis, que fagan a súa vida máis cómoda. Por este motivo, piden que se faga un banco de muros de cemento en estado de abandono que sirvan para este proxecto, falar cos seus propietarios para pedir a súa cesión para a elaboración de grafitis de alta calidade e que non se manipulen as creacións durante 5 anos.
Piden que o proceso se faga mediante un concurso de deseños que sexan escollidos, valorando a temática e que unha vez feitos se divulguen a través das redes sociais do concello.