Ourense baixa a presión hospitalaria con 15 pacientes en UCI

Os hospitais manteñen a capacidade de anteción, aínda que a maioría pasa a enfermidade no domicilio.

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 83 casos activos menos de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 9.869, unha cifra máis esperanzadora que as dos últimos días, aínda que non o suficiente. Hoxe hai 95 (=) persoas na UCI e 1.024 (+15) falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada de hoxe é esperanzadora. Hoxe hai 43 casos novos confirmados por PCR, nove casos máis ca onte, o que deixa o balance global en 929 casos, un balance positivo. Os hospitais hoxe deixan un pouco de esperanza. Redúcese o número de ingresados dos 103 de onte ós 95 de hoxe. Hai 79 persoas en planta (9-) e os mesmos en camas UCI, 15 persoas. Onte en Galicia faleceron 15 persoas, delas catro pertencen a Ourense e procedían todas de residencias da terceira idade.

AVANTAR ACTIVIDADES