A formación asegura que a crise da COVID-19 está a cebarse de xeito salvaxe co Carballiño que leva xa máis tempo con restricións de extrema dureza ca ningún outro sitio de Galicia.
A hostalaría case pechada por completo e os comercios sufrindo a baixada de clientes de xeito angustioso. O resto de sectores, desgraciadamente, tamén se ven afectados polo freazo en seco que todo esto supón para a actividade económica.
Neste complicado contexto. Presentan unha moción o pleno para que o concello faga os seus gastos en empresas do Carballiño, asegurando que isto ben despois de facer unha advertencia o ano pasado co exemplo do dato de que das 54 empresas convidadas polo rexedor a presentar proxectos, só 17 eran do Carballiño.