A organización apraza a entrega dos Premios Arenteira ó 11 de decembro

O galardón, organizado polo Centro de Estudos Chamoso Lamas e o ApartaHotel Arenteiro, celebra este ano a súa IX edición, premiando o legado cultural e deportivo da contorna e tamén a título póstumo. O xurado elixiu por unanimidade outorgar o galardón na categoría de Cultura, a Xosé Prada Martínez, director do grupo de teatro
Tiruleque; na categoría de Deporte, a José Fernández Godoy e, a título póstumo, será a familia de Victor Campio Pereira, poeta nado en Garabás, quen recolla o premio.

Publicidade

A entrega destes premios estaba prevista para este venres, 27 de novembro, pero polas condicións sanitarias e de aforo permitido, deciden aplazalo para o día 11 de decembro.