Ribadavia aproba o prego público para a venda de inmobles municipais.

A Xunta de Goberno Local aprobou o Prego público de venda destes inmobles para trasladarllo a todos os grupos municipais buscando o maior acordo posible para o Pleno.

Publicidade

Despois de regularizar a situación destes inmobles, o Concello ven de redactar un Prego Público para poñer á venda os inmobles en ruínas do Casco Histórico que son propiedade do Concello.

FOTOS DAS VIVENDAS:

A intención do goberno, despois desta aprobación inicial da Xunta de Goberno, é levalo ao Pleno de setembro para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor. O goberno pretende presentarllo aos grupos municipais para que estes teñan a oportunidade de valorar as bases públicas antes da súa aprobación en Pleno.

O Prego Público é a norma que rexirá o procedemento público de venda destes inmobles que se fará a través de subasta pública. Para elo as bases recollerán un baremo que premie: a oferta económica, a redución de presentación do proxecto técnico e o prazo de obra, así como que os inmobles se destinen a primeira vivenda. Ademais, tamén se terán en conta estar censado no municipio de Ribadavia.

Con este Prego Público establécense uns criterios obxectivos, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de dito proceso.

– Os criterios de adxudicación son os seguintes:

I. MELLOR OFERTA ECONÓMICA:

Este criterio ten natureza obxectiva , e se valora de 0 a 51 puntos. Asignarase a puntuación máxima prevista neste apartado a oferta que ofreza o maior prezo expresado cun máximo de dous decimais , con arranxo á seguinte fórmula:

Puntuación oferta= prezo ofertax51

Prezo maior oferta

II. REDUCIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO:

1 punto por cada mes de redución do prazo , ata un máximo de 6 puntos.

III. REDUCIÓN DO PRAZO DE REMATE DAS OBRAS:

1 punto por cada mes de redución do prazo, ata un máximo de 10 puntos.

IV. DESTINO E OCUPACIÓN.

O compromiso de destinar a vivenda domicilio habitual dos adquirentes , puntuarase con 15 quince puntos.

No caso de ser primeira vivenda, puntuarase con 20 vinte puntos.


PLIEGO VENDA INMOBLES CONCELLO CASCO HISTORICO 10 SETEMBRO 2021 PREMER NA IMAXE