Dende o pasado día 4 de decembro na Vila do Arenteiro temos unha nova oferta: unha lavandería autoservicio.

Inspirada no vello lavadeiro de Toscaña, podemos observar nela as cerchas que o caracterizan. Deseñada por Estudios X+P, que xa foron os responsables da restauración do comercio Hipólito Rodríguez “Fariñas”, e materializadas as súas ideas por: Fontanería Carrete, Instalaciones & Reparaciones sevicios eléctricos, Pérez construcciones granitos y reformas, Carpintería Carballiño S.L., Escayolas Martín S.L., Carpintería de Hierro y Aluminio Vázquez Silva S.C.

A decoración do local correu a cargo de Rita Soto.

O Lavadeiro do Arenteiro oferta, entre outros servizos, lavadoras e secadoras para que a roupa das nosas mascotas luza do mellor xeito.

Tamén teñen 3 lavadoras que van dende os 11Kg. ata os 18 Kg., e secadoras de 18 e 14 Kg. Todo dende 3€.

Dispón de Wi-Fi gratuíta.

Mentres agardas pola túa colada podes desfrutar dun café, ler unha revista ou ver a televisión. Os nenos tamén teñen o seu recuncho para entreterse