O concello pon en marcha 2.500 bonos de desconto para mercar no comercio local

Con esta campaña póñense en circulación dous mil cincocentos bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Ribadavia adheridos á campaña. Os bonos poderán descargarse na web www.ribadaviacheadevida.com e trocarse no comercio ata o 31 de decembro coma data límite e o único requisito para poder acceder a eles é estar empadronado en Ribadavia e ser maior de idade.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta campaña pretendemos poñer en circulación 25.000€ que permitirán activar o consumo no comercio local de Ribadavia na campaña de Nadal 2020, conseguindo minimizar o efecto negativo que esta pandemia está a ter sobre o pequeno comercio que, en definitiva é unha parte fundamental da economía social dun concello coma o de Ribadavia”

AVANTAR ACTIVIDADES