A xerencia do Quercus de Leiro alerta de fraudes nas residencias ofrecendo material sanitario

A xerencia de Quercus de Leiro quere alertar de que se están producindo en toda Galicia fraudes relacionados cas residencias e centros de día de maiores. Aseguran, despois de ser vítimas dun destes fraudes, que a banda que os realiza chama en nome da Organización Mundial da Saúde e ofrece material sanitario fronte á Covid-19. A súa directora, María Teresa Rodríguez, asegura que a eles acudiron na xornada de onte, sen éxito xa que se deron conta de que a situación era extraña. Na mesma tarde de onte, foi posta a denuncia ante a Garda Civil. Afirman que chaman cando saben que a xerencia non se atopa nas dependencias, antes das 07:00 horas da mañá, e que solicitan o pago ben en efectivo ou por transferencia bancaria. Segundo a directora, ó poñerse en contacto con outras residencias de Galicia, asegúranlle que xa leva ocorrido noutras zonas con asiduidade dende o mes de outubro. Por ese motivo queren dar a voz de alarma, para que non siga acontecendo. Fóra de Galicia xa hai varios exemplos destas prácticas.

Publicidade