A 36ª edición dos Premios Losada Diéguez xa teñen bases públicas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os concellos do Carballiño e Boborás, ámbolos dous de Ourense, contando coa colaboración económica da Deputación Provincial de Ourense, convocan o premio anual “Antón Losada Diéguez”, para o que se fan públicas as bases da convocatoria. A participación estará aberta a todos os autores que se axusten aos requisitos, o principal é que estea escritos en lingua galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O crédito total do premio é de 12.000 € para premiar dúas obras xa publicadas, unha delas no eido da CREACIÓN LITERARIA e a outra no eido da INVESTIGACIÓN E ENSAIO. Cada unha das obras será premiada coa cantidade de SEIS MIL EUROS.

O prazo de presentación das obras será dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP e ata o día 31 de xaneiro do 2021.

O procedemento de concesión será de concorrencia competitiva. A entrega oficial do premio farase o día 12 de xuño de 2021.