A academia decidiu homenaxear o próximo ano a súa poesía “singular, transgresora, sincera e comprometida”. Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) formou parte dun grupo de poetas aos que a institución pretende recoñecer a través da súa figura: aqueles autores novos que renovaron a lírica en temas, estilo e forma a partir dos primeiros anos dos 80.
Xela Arias publicou os seus
primeiros versos en revistas e xornais a inicios dos 80. En 1986, conseguiu ser
finalista do premio Losada Diéguez con `Denuncia do equilibrio`, o seu primeiro
libro
Todos os seus volumes publicados, ademais doutros 62 poemas en revistas e obras
colectivas, foron recompilados en 2018 en `Xela Arias. Poesía reunida (1982 –
2004)`, unha edición a cargo da profesora e crítica literaria María Xesús
Nogueira.
Xela Arias será a quinta muller en protagonizar a celebración do 17 de maio,
tras Rosalía de Castro –foi a primeira, en 1963–, Francisca Herrera Garrido
–1987–, María Mariño –2007– e María Victoria Moreno –2018–.