Bárbara María Domínguez resultou a gañadora deste certame literario, Corcel Negro, que alcanza este ano a súa quinta edición. Os gañadores reciben como premio a edición da súa obra. Neste caso, Bárbara María é estudante de segundo de bacharelato no IES nº1 do Carballiño. Como aficcións, combina as clases de pintura co teatro, no que xa participou en varias montaxes dentro da Escola Municipal de Teatro. Esta non é a súa primeira creación literaria, xa que habitualmente pulica textos nun blog e tamén é aficcionada os microrelatos.

A obra que rpesentou, agora convertida en libro, é “Hércules Asperger y la mafia del Olimpo”. A historia trata sobre un rapaz diagnosticado co síndrome de Asperger e que se converte no maior adversario dunha banda de mafiosos. A historia céntrase nos diversos traballos que este rapaz debe realizar para destruir a banda, ó mesmo tempo que el se converte nun dos obxectivos a destruir. Neste libro, a estudante do Carballiño trae á vida moderna a diversos seres mitolóxicos, recuperando unha historia tradicional. O protagonista, e en quen ela se inspirou, é o seu irmán Alejadro.