Ribadavia avanzará o proxecto da gardería no colexio da Alameda

IES CHAMOSO LAMAS

Ribeiro en Común logra o compromiso de compatibilizar nos edificios da Alameda o uso conxunto de Educación Infantil e Gardería, votando a favor da inversión para unha nova Gardería.

No pleno celebrado onte anunciouse un investimento importante por parte dos orzamentos da Xunta para o edificio que ocupaba ata o ano pasado o Colexio de infantil. Na sesión debateuse de forma conxunta a proposta do goberno local e a de Ribeiro en Común, chegando ó acordo de buscar no futuro fórmulas para compatibilizar a escola infantil ca gardería.

HIPER MASIDE

Despois dun debate de dúas horas, logrouse chegar a un acordo sobre o futuro dos edificios da Alameda. Este é o inicio dun proxecto que aínda non está definido na súa totalidade e que non ten un orzamento fixo adxudicado. A formación asegura que é legal e factible compartir os edificios para Gardería e Escola infantil e agardan que se cumpra o acordado nesta sesión.

O pasado 28 de setembro o gabinete de prensa da Xunta publicaba unha nota de prensa na que se daba conta dunha xuntanza entre o presidente da Xunta e máis o alcalde de Ribadavia e asegurando que a Xunta incluirá na memoria dos orzamentos para 2021 unha partida para abordar a reforma integral do centro de saúde deste municipio ourensán. O Goberno galego comprometíase á redacción do proxecto de reforma da instalación.

O BNG afirma que a realidade é que no proxecto de orzamentos só aparece unha declaración de intencións e ningunha partida concreta para o centro de saúde de Ribadavia e aseguran que no pleno municipal de onte comprobouse que non existe proxecto ningún para a reforma do PAC de Ribadavia, a infraestrutura sanitaria máis importante da comarca do Ribeiro.