A Valedora do Pobo estuda a denegación da axuda pola covid dunha comerciante

As axudas derivadas da covid seguen traendo polémica aínda despois de que xa se entregaran a 150 autónomos e traballadores. A pasada semana, a formación Espazo Común amosaba a súa inquedanza porque quedaran fora comerciantes por razón que non consideran xustas. Un destes casos é o de Sandra Fernández, propietaria do centro de estética O Espello da Moura. Asegura que a súa petición foi denegada na segunda lista, e considera que houbo falla de transparencia no procedemento, xa que cando pediu unha xustificación desa decisión, non atopou colagadas na páxina web do concello nin as bases ó completo da solicitude nin os listados de admisión. O seu caso foi admitido pola Valedora do Pobo, que xa pediu información ó concello sobre esta reclamación

Publicidade