Maside contratará a cuarta fase do proxecto de cambio de alumeado

O concello de Maside ten en fase de contratación un novo proxecto de alumeado de aforro enerxético co que cubrirá o 80% do cambio de sistema en todo o municipio. Trátase dunha inversión de máis de 154.000 euros que se adicarán ás localidades de A Carreira, A Eirexa, O Trevoedo, Mundín, Negrelle, Piñeiro, Santa Comba e Louredo.

Este último proxecto, pendente de adxudicación, engádese ós tres anteriores levados a cabo nos últimos tres anos, e que en conxunto supuxeron unha inversión de máis de 400.000 euros, sumando con este cuarto 570.000 euros. Deste xeito, contan xa con alumeado Led O Mato, Bouzas, As Quintás, San Paio, O Bolo, Carreira de Louredo e Garabás, que entraron no primeiro proxecto. No segundo, abarcouse as localidades de Fonteboa, Listanco, Casanova, Pousada, Dacón e a travesía da estrada nacional de Ourense-Pontevedra. O terceiro proxecto desenvolveuse en A Touza, no núcleo de Maside e no barrio de Outeiro Grande.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello ten agora pendentes de cambio outras zonas como Agro de Quintas, O Pazo, Ansamonde, Cima de Vila, Constanza. Os Corzos, Espiñeiros, Faquín, Lamasaida, Fonteboa e Reguenga.