O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirá o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias. FOTOS CONCHI PAZ

O comité clínico que asesora á Xunta baraxa volver a aplicar o chamado “modelo Carballiño” ou algunha variante nos municipios máis afectados pola pandemia. Estuda o peche xeralizado da hostalaría e outras actividades non esenciais ca finalidade de limitar a mobilidade e reducir as interaccións. O conselleiro de Sanidade xa aseguraba esta fin de semana que o ascendo dos contaxios é preocupante, despois do récord de contaxios deste sábado con 914 casos novos. O pasado venres, o comité xa elevou as restricións en numerosos puntos, entre eles a cidade de Ourense, pechada perimetralmente e con limitacións na hostalaría e reunións. Agora, o comité atópase reunido cunha batería de medidas enriba da mesa e que se darán a coñecer ó detalla mañá en rolda de prensa.

O presidente da Xunta adiantaba esta mañá que se espera unha terceira vaga da pandemia superior á xa vivida. Mañá pola mañá, previsiblemente, será el mesmo quen as comunique, e xa adiantou que entrarán en vigor o próximo venres.