- Gabriel Alén analizou co rexedor as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de A Peroxa, Manuel Seoane, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.