Novo remolque para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boborás

Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boborás acudiron este martes a Vilaboa, Pontevedra, acompañados pola alcaldesa Patricia Torres, para recoller o novo remolque entregado pola Xunta de Galicia ao amparo das subvención para equipamentos de emerxencias. No acto estivo o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda e o director xeral de Emerxencias; Santiago Villanueva.


Trátase dun remolque con características especiais idóneo para intervencións nos incidentes provocados por inundacións ou temporais, valorado en 15.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES


Este novo equipamento axudará a mellorar a capacidade das intervencións da agrupación, que soamente no ano  2020 participaron en 182 operativos, cun total de 800 horas.


O Concello de Boborás quere por en valor a gran labor que realizan estos voluntarios no noso municipio, de vital importancia, especialmente neste ano de pandemia, e agradecer todo o traballo realizado para atender aos veciños no dia a día.


Na província de Ourense, tamén recibiu un remolque o concello de A Rúa.