O cine de Leiro anuncia un parón nas súas proxeccións esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro anunciou onte que esta semana non haberá proxeccións de filmes. Dada a situación da pandemia tanto no municipio, que conta con cifras moi elevadas de contaxios, aínda que a maioría están concentrados na residencia Quercus, consideran responsable non seguir ca súa actividade. Ademais, a decisión está motivada polo peche perimetral tanto do Carballiño coma de Ribadavia, que son uns dos focos principais de afluencia de xente. Dadas estas circunstancias, o persoal do cine aproveitará estes días para descansar.

Publicidade