O PSOE pide que se cubra a praza de médico vacante no centro de saúde de Leiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Leiro defenderá no vindeiro pleno municipal unha moción na que lle solicita ao Concello de Leiro que se dirixa a Consellería de Sanidade para que se cubra a praza de médico automaticamente no momento en que quede vacante tanto por baixa laboral, vacacións ou xubilación. Os socialistas denuncian que o municipio leva mes e medio sen que se cubra unha das prazas, xa que o titular se atopa de baixa laboral, pero a praza non foi cuberta por outro facultativo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Grupo Municipal Socialista instan ao grupo de goberno do Partido Popular a dirixirse a Consellería de Sanidade para que “non volva a darse esta situación” e esixen que se “cubran sempre as prazas tanto no caso de vacacións, como de baixas laborais ou xubilación”. Os socialistas tamén lle esixen ao Concello que presente unha solicitude formal na propia Consellería para que se cubra “con carácter urxente” a baixa laboral dun dos dous médicos titulares co que conta o centro de saúde do municipio. Consideran que dilatar no tempo a cobertura desta praza “prexudicará gravemente a calidade asistencial e os coidados sanitarios que require a veciñanza, e máis nestes tempos nos que a pandemia da COVID-19 está pondo en risco a saúde da xente”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez, esta petición “non é un capricho, senón unha necesidade dun concello cunha poboación moi envellecida e que conta ademais con unha residencia de maiores”. O socialista insiste en que a redución do persoal sanitario “prexudica a calidade asistencial” e apunta a que contar cun só médico nestes intres provoca “unha perda de eficacia na atención a veciñanza, polo que esiximos a reposición da praza”.