Comunicado da CIG

IES CHAMOSO LAMAS

Comunicamos que, desde o lúns 25 ao venres 29 de xaneiro, o persoal de limpeza da empresa SAMYL S.A., concesionaria do servizo de limpeza do Campus Sur da Universidade de Vigo en Ourense, concentrarase entre as 10 e as 10:30 horas, diante do Edificio de Ferro da dita Universidade.
O motivo da protesta é o recorte que está realizando, coa complicidade da Universidade de Vigo, nas horas de prestación de servizos, xustamente nun tempo no que, por mor da COVID 19, a limpeza nos lugares públicois debe extremarse.
Pensamos que é un tema grave o feito de que se recorten servizos fundamentais como o da limpeza, en lugares tan sensibles como a Universidade, en plena situación crítica de pandemia.
Desde a CIG prestarémoslle todo o apoio a esta mobilización.