A exposición “Fillos do océano” estará no concello ata o día 7 de febreiro

ABANCA e o Concello do Carballiño presentan ata o próximo 7 de febreiro a exposición «Fillos do océano», unha síntese das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Tenente tomou nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo. A mostra pode visitarse na Casa do Concello de luns a sábados en horario de 09.00 a 14.00 h. Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural» que considera a arte como un instrumento para fomentar o coñecemento.

Publicidade

A mostra constitúe unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños, para que se regulen tanto as pesqueiras coma a contaminación marítima.