Esta mañá, na Bodega de Flores, tivo lugar a presentación dunha nova edición da Feira Festa da Pepa Loba, a número 27. O evento celebrarase este próximo venres, sábado e domingo, cunha gran variedade de actividades e adicado ao barrio de Flores.
O venres abrirá o mercado artesanal e xogos populares e ás 18:00 horas, terá lugar a homenaxe deste ano amenizado por música; ás 24:00 horas, conxuro e queimada.
O sábado, a apertura da feira será ás 12:00 horas. Durante o día haberá unha gran variedade de actividades para todos os públicos. Como novidade, este ano farán lectura do libro de Lois Ripalda. Dende as 19:30 horas, comezará a representación ca baixada da Pepa Loba da man do grupo Dar Trela.
Para o domingo, moita máis programación, con obradoiors, vellos oficios, actividades e xantar popular. Para rematar, sesión infantil da baixada da Pepa Loba. Tamén hoxe tiveron un recordo para Alfonso Tupino e Rosa Núñez, dous piares desta festa que xa non están.