Leiro segue en ascenso, chegando hoxe ós 79 casos activos de covid

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O brote declarado no xeriátrico de Leiro afecta a 68 residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o pasado venres a decisión de intervir o centro. Case a totalidade atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A totalidade do concello ascende hoxe ata os 79 casos activos, tres máis ca onte.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia presenta hoxe 53 casos activos, os mesmos ca onte, e a mesma cifra ca o venres e sábado pasados. O concello de Melón sobe hoxe ata os 11 casos activos, tres máis ca onte. Arnoia mantén estables os seis casos. Beade baixa hoxe ata os dous contaxios, para igualar os datos de Castrelo de Miño, Cenlle e Cortegada, que contan con dous casos cada un. Carballeda de Avia e Avión contan cun contaxiado cada un.