Conde avalía co alcalde de Leiro liñas para impulsar a economía

PARLAMENTO 16,15 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reunirase co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández. Na área de goberno. Pazo do Hórreo. foto xoán crespo 27/01/2021
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta semana co alcalde do municipio ourensán de Leiro, Francisco José Fernández, co que avaliou diferentes vías de colaboración.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Conde destacou as oportunidades que ofrece a futura Lei de reactivación para atraer novas iniciativas empresariais cara aos concellos galegos e impulsar o emprendemento.

Unha das medidas recollidas na normativa que se está a tramitar é o impulso da figura dos Concellos Emprendedores, un distintivo co que conta Leiro.

A futura Lei de reactivación permitirá seguir avanzando promovendo un cambio de cultura administrativa co obxectivo de achegar unha resposta áxil para facilitar a actividade económica, dando resposta aos novos retos aos que se enfronta Galicia.