O alumnos do Carballiño reciben un caderno coloreable

IES CHAMOSO LAMAS

O alumnado de educación infantil e primaria da vila, así como de Aspadisi, contan cunha nova actividade educativa, como é dar cor aos monumentos máis emblemáticos do Carballiño e á mascota “Octavio”. Unha iniciativa cuxo lema é “Pinta O Carballiño”, e cuxa maquetación e ilustracións son de Eladino Cabanelas.

Trátase dun agasallo da Alcaldía para que as nenas e nenos da vila se divirtan pintando os monumentos máis senlleiros do Carballiño, catorce en total, entre eles o Templo da Veracruz e o Gran Balneario, así como diversos deseños da mascota “Octavio”.  

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Nestes días lévanse repartido uns catrocentos exemplares, da man do propio alcalde, Francisco Fumega, e da concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado. Pero a tirada é de mil, polo que seguiranse entregando máis exemplares.