No concello de Maside están traballando na elaboración e posta en marcha do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do concello.
Neste proceso gustaríalles contar coas achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas, para elaborar así un documento axustado a realidade que sirva para una verdadeira transformación do concello e que sen dúbida contribuirá á mellora da calidade de vida de todas e todos.
Agradecen polo tanto a colaboración cidadá cumprimentando unha pequena enquisa antes do próximo 10 de febreiro. Para acceder a ela pode facerse a través das redes sociais do concello de Maside.