A campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto xa está en marcha, baixo o nome #namórate no Carballiño. Dende a agrupación pretenden fomentar as compras no comercio local cunha promoción que estará activa durante esta semana e que consiste en que as compras con envío dentro da comarca e feitas nos establecementos asociados, serán gratuitas e poderán recibirse o propio día dos namorados. Deste xeito, facilitan que todas estas compras se fagan ou en tenda física, de xeito online ou encargas por teléfono. Ademais, nas redes sociais do Centro Comercial Aberto, numerosos comercios anuncian ofertas para esta data, como cestas especiais ou ideas orixinais para facer o agasallo perfecto.